1.10.10

La SGO celebra el día de las Aves en Estaca de Bares este próximo domingo 3 de octubre

La Sociedade Galega de Ornitoloxía celebra este próximo domingo el Día de las Aves en Estaca de Bares. Allí estaremos unos cuantos, a partir de las 9 de la mañana.

Esta es la nota de prensa enviada por la SGO a los medios anunciando el evento:

A vindeira fin de semana celebrarase o Día das Aves, unha efeméride a nivel mundial impulsada por Birdlife Internacional para dar a coñecer o mundo das aves e os seus problemas de conservación. Coincidindo con esta celebración, dende a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), unha entidade conservacionista adicada ao estudio e a conservación das aves e os seus hábitats, invitamos as administracións competentes e a sociedade en xeral a reflexionar sobre o estado actual de conservación das aves galegas.

Galicia, situada no noroeste da península ibérica a cabalo entre as rexións mediterránea e a eurosiberiana, conta cunha rica diversidade avifaunística. Actualmente unha parte importante desta riqueza vese ameazada por problemas de distinta índole. Entre as principais ameazas que afectan as aves e os seus hábitats no noso territorio compre destacar as seguintes:

- Destrucción de hábitat por construcción de infraestructuras: parques eólicos, pistas forestais, granxas acuícolas, etc.
- Urbanismo litoral masificado, desordenado e incontrolado.
- Fragmentación dos hábitats debido a falla de ordeación do territorio.
- Destrucción de hábitats agrarios tanto polo abandono das actividades agropecuarias como pola súa intensificación.

Neste senso, para poder revertir estas ameazas sería desexable unha maior implicación das administracións, así como unha sensibilización de toda a sociedade galega, ao fin de avanzar na axeitada e necesaria conservación do noso medio natural.
ESTACA DE BARES

O cabo de Estaca de Bares, en Mañón (A Coruña, Galicia) é o máis septentrional da península Ibérica, o que o convirte nunha atalaia de excepción para a observación de aves mariñas de moi diversas especies, obrigadas durante as suas migracións do outono hacia o sul a aproximarse á costa para dobrar o promontorio. O seu interés e fama neste senso convírteno cada outono en destino de ornitólogos de toda España e Europa.

Cada ano, desprázanse fronte a Estaca de Bares cifras impresionantes de aves mariñas. Téñense observado dende aquí 62 especies, 31 delas de presencia regular durante algún tramo do ciclo anual. O ano 2008, durante 152 xornadas e 519,25 horas de observación sumáronse 282.198 aves en paso hacia o oeste, o que permite estimar o paso ante este cabo de entre 1.200.000 e 2.700.000 aves. Esto converte a esta zona en Área Importante para as Aves Mariñas, por decisión de BirdLife International.

As especies máis numerosas son:

-Mascato atlántico Morus bassanus (52% das observacións)
-Furabuchos atlántico Puffinus puffinus (15%)
-Pardela cincenta Calonectris diomedea (7%)
-Carrán común/ártico/rosado Sterna hirundo/paradisaea/dougallii (6%)
-Gaivota tridáctila Rissa tridactyla (5%)
-Pardela escura Puffinus griseus (4%)
-Carrán patinegro Sterna sandvicensis (2%)
-Furabuchos balear Puffinus mauretanicus (2%)

Outras moitas especies observanse regularmente en menor número. Algunha das especies máis comúns, como o Furabunchos balear Puffinus mauretanicus (catalogada como “en perigo Crítico” no Libro Vermello das Aves de España do Ministerio de Medio Ambiente) están seriamente ameazadas a nivel mundial. Os picos máximos de fluxo para a gran maioría destas especies teñen lugar entre agosto e novembro, cando as aves se desprazan hacia o sul.

O vindeiro domingo 3 de outubro, coincidindo coa celebración a nivel internacional do Día das Aves, a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) desenvolverá na Estación Ornitolóxica de Estaca de Bares (propiedade da Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia) e no seu entorno unha xornada de observación e anelamento de aves mariñas, á que convidan a cantos ciudadáns de tódalas edades desexen pasarse por alí.
A observación de aves mariñas, que comenzará ás 09:00 da mañán e se prolongará todo o día, consistirá na instalación de varios telescopios e na presencia de ornitólogos da SGO que explicarán aos presentes as migracións das aves presentes, ademáis de acercarlles á súa identificación. En paralelo, nun humidal inmediato instalarase unha estación de anelamento destinada á captura con fins científicos de aves terrestres, que serán liberadas unha vez marcadas. O anelamento científico é unha ferramenta fundamental para o estudo dos desprazamentos migratorios das aves.
Teléfonos de contacto:

Oscar Rivas (Secretario) 620593892
Catuxa Varela (Vicepresidenta) 63072124

1 comentario:

Unknown dijo...

Hola Toño, ha podido celebrarse el evento con semejante temporal??
Lo hemos leído tarde si no a Pablo y a mi nos hubiera gustado asistir.
Eso me pasa por no leer tu blog más a menudo... ;-)
Diana