24.12.07

Maratón Ornitológico del G. N. Hábitat

El Grupo Naturalista Hábitat, de A Coruña, me ha pedido que informe aquí de la celebración de su tradicional maratón ornitológico de fin de año, una estupenda oportunidad para pasarlo pipa mientras se observan multitud de especies en un solo día:

Coma todos os anos por estas datas o Grupo Naturalista Hábitat da Coruña ven celebrando o Maratón Ornitolóxico de Inverno.

O Maratón de 2007 terá lugar o vindeiro Sábado 29 de decembro.
O venres 28, as 21:00h farase o sorteo para formar os equipos de 3 persoas ( ou máximo 4 ) no local do Grupo Naturalista Hábitat. Para apuntarvos podedes facelo das seguintes maneiras:

- Ese mesmo venres no local, Rúa Camariñas nº8 baixo, A Coruña.
- Chamando por teléfono o Venres ao 981135014.
- Ou por email no gnhabitat@yahoo.es

O prazo de inscripción pecharase as 21:00 h. do Venres 28.

Normas para o Maratón:
O maratón comezará as 00:00 h do Sábado 29 e finalizará as 20:00 h da tarde. Antes da citada hora haberá que achegar os datos das especies avistadas no maratón ao local do Grupo Naturalista Hábitat ( Rúa Camariñas nº8 baixo, A Coruña )
As especies deben ser observadas por todos os membros do equipo.

Este ano coma novidade delimitarase a Zona para o Maratón: O tramo de costa dende Razo-Baldaio hasta as Marismas de Pontedeume-Praia de Cabanas. E únicamente incluirase a este tramo o encoro de Cecebre.

Sistema de puntuación:
Como novidade haberá un sistema de puntuación para cada especie en función do número de equipos que a observen:

3 puntos: para especies que sexan observadas por un so grupo.
2 puntos: para especies observadas por 2 grupos.
1 punto: para especies observadas por 3 ou máis grupos.

A tal efecto, o día do sorteo dos equipos, entregarase un listado de especies onde se apuntarán as observacións, e así proceder aos recontos a finalización do maratón, para obter os resultados.

Ao final do reconto farase un obsequio ao equipo gañador.

gnhabitat@yahoo.es
www.gnhabitat.org
http://gnhabitat.blogspot.com

No hay comentarios: