13.4.11

Comunicado de la SGO y la SGHN - Perros libres en playas y espacios naturales = amenaza para la fauna

Comunicado da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

CANS CEIBOS EN PRAIAS E ESPAZOS NATURAIS = AMEAZA PARA A FAUNA


A presencia de paseantes que ceiban os seus cans nas praias e sistemas dunares de numerosos espacios naturais galegos (LICs, ZEPAs, humidais Ramsar) é unha realidade cotiá e moi xeneralizada, con repercusións negativas sobre moitas especies de fauna, particularmente no caso das fortes molestias ás aves:

- Migratorias, que empregan ditos espacios naturais como área de repouso e almentación para recuperar as reservas enerxéticas que precisan nos seus longos desprazamentos, mesmo intercontinentais.

- Reproductoras, incluindo algunhas tan ameazadas en Galicia como a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

Posto que a normativa vixente prohibe levar as mascotas sen correa nos espazos públicos galegos, SGO e SGHN veñen de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Consellería de Medio Rural) que poña urxentemente en marcha:

- Unha campaña informativa, con paneis explicativos recordando a prohibición de levar mascotas sen correas nos espacios naturais.

- Unha maior vixilancia do cumprimento da normativa vixente no interior dos espacios protexidos, coa participación coordinada da gardería de medio ambiente, o SEPRONA e as policías locais.

Máis información en www.sghn.org e www.sgosgo.org

No hay comentarios: